Domiciliación bancaria e pagamento fragmentado

Se prefires fragmentar por trimestre o pagamento da túa subscrición, ofrecémosche a posibilidade de che domiciliarmos os cobros. Para isto precisamos que descargues e cubras cos teus datos este formulario autorizado. Unha vez cuberto, deberás mandárnolo asinado e adxuntar canda el unha fotocopia do teu documento de identidade. O noso enderezo de envío é este:

Editorial Hugin e Munin (subscricións)
Rúa do castro, 9, 3º
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Galicia

Tan pronto como o recibamos, validarémolo, enviarémosche as dúas obras do trimestre en curso e cobrarémosche unicamente por este período. Os pagamentos seguintes rexiranse conforme ao calendario de envíos estipulado para o conxunto dos subscritores.

Hai dous aspectos a teres en conta con respecto á domiciliación da subscrición que difiren das condicións de compra electrónica:

1) A domiciliación ten carácter indefinido, é dicir, ao cabo do ano editorial volve ser renovado a non ser que nos digas o contrario.

2) Non é necesario que esgotes o ano no caso de que desexes rescindir o contrato. O teu compromiso de permanencia, a diferenza dos pagamentos únicos, é de unicamente dous trimestres. A partir de aí, podes cursar a baixa como subscritor en calquera momento e unicamente será necesario que abones o pagamento das dúas obras correspondentes ao trimestre en curso.