Compra de obras soltas

Existe a posibilidade de adquirir obras soltas. Para este tipo de compras, o prezo varía para cada publicación, e cómpre diferenciar entre subscritores e non-subscritores, en vista de que os primeiros non pagan polos gastos de envío, mentres que para os segundos existe unha tarifa plana de 1.50 euros con independencia do número de exemplares que adquiran, sexa un ou sexan once.

Amais do comercio electrónico para o cal está habilitado este sitio web, puxemos á venda os nosos produtos nalgunhas librarías do país.

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA LIBREIROS

A non ser que exista outro acordo entre as partes, a forma de adquisición de exemplares (de calquera dos títulos do catálogo) por parte do libreiro será só mediante a compra en firme.

Os envíos realizaranse coa maior dilixencia. No caso de ser 1 ou 2 exemplares, a través de Correos, mediante o seu servizo PostLibris. Se fose de 3 exemplares ou superior, a entrega sería a través de HalCourier 24 Horas. Os gastos de envío corren por conta da editorial.

O PVP de todos os títulos deberá ser o estipulado na páxina web da editorial, sen posibilidade de modificación.

Para a consulta relacionados coas porcentaxes e descontos, o enderezo de contacto é info@huginemunin.com