Subscrición

Sexa cal for o tipo de subscrición contratada, o procedemento de envío non varía: a persoa subscritora recibirá no enderezo facilitado un paquete con dúas novas obras cada trimestre, o cal supón, ao longo do ano editorial, un total de 8 obras distintas.

Así mesmo, cabe salientar que calquera dos libros da nosa colección paralela «Vólvense os paxaros contra as escopetas» terá para a persoa subscritora un prezo único de 6 euros. Para adquirilos, o socio tan só debe escribirnos un correo electrónico sinalando o seu carácter de subscritor e o título que desexa que lle sirvamos —con carácter inmediato ou dentro do seguinte paquete de libros do trimestre.

Tamén, por outra banda, destacar que os títulos anteriores ao momento de formalización da subscrición poden ser adquiridos polo socio a prezo reducido (o proporcional ao seu tipo de subscrición) no canto do prezo de mercado, que é o xeral para as compras soltas.

Nos prezos van incluídos o IVE e mais os gastos de envío.

Subscrición

A subscrición base, que implica a recepción de 8 obras a razón de 2 por trimestre. O total a pagar é de 116 euros anuais.

Traducido
páxinas

116,00€

Loading Updating cart...
Loading Updating cart...

Subscrición con apoio á docencia

A subscrición con apoio á docencia, que fai un total de 188 euros anuais e consiste en que o subscritor ademais de recibir as obras que lle corresponderían cunha subscrición base, dá de alta unha segunda subscrición a nome dun centro de ensino do país (aquel que el elixa ou, no seu defecto, un escollido pola editorial). Por así dicilo, son dúas subscricións base, unha para o subscritor e outra para un centro de ensino.

Additional Description Ler máis

No portal educativo da Xunta de Galicia existe a posibilidade de facer unha busca avanzada dos distintos centros de ensino do país. Outra posibilidade é informase directamente na listaxe xeral de centros. En todo caso, a nosa recomendación pasa por escolleres un centro de ensino medio (a partir de 12 anos) ou superior, dadas as características e dificultade dos libros.

Cabe tamén sinalar que a alta da segunda subscrición non ten necesariamente que ser para un centro de ensino, existe tamén a posibilidade de inscribir unha biblioteca municipal, un centro sociocultural, un centro penitenciario ou unha asociación cultural, por exemplo. Quen si non entraría no lote sería unha segunda persoa física, pois para iso están as outras dúas subscricións, a base e mais a destinada a menores de 30 anos.

Se finalmente te decantas por esta modalidade de subscrición, non esquezas indicar o centro de ensino -ou semellante- que desexas dar de alta a través da cadro de información adicional (xa na última pantalla antes de formalizar a compra).

Traducido
páxinas

188,00€

Loading Updating cart...
Loading Updating cart...

Subscrición para menores de 30 anos

A subscrición para menores de 30 anos, que vén sendo idéntica á subscrición base mais cun prezo inferior, 100 euros redondos anuais, permite aos lectores novos adquirir as obras a un prezo acorde coa situación económica que boa parte da mocidade ten, sen dúbida moito máis precaria do que debera ser.

Traducido
páxinas

100,00€

Loading Updating cart...
Loading Updating cart...
LoadingActualizando...