O nariz dun notario

Edmond About ofrece nesta novela curta, publicada en 1862 con grande éxito, un acedo retrato da sociedade de mediados do século XIX, marcada pola desigualdade entre as clases populares e unha burguesía só preocupada polo seu aspecto e as relacións sociais, carente de escrúpulos para lograr os seus fins, por disparatados que sexan. Ademais, a obra contén un curioso tratado sobre a cirurxía facial ateigado de especulacións médicas expostas nun ton que se achega por veces á caricatura. O nariz dun notario narra a historia de Alfred L’Ambert, un desdeñoso e fatuo notario parisiense que só se interesa por alternar na Ópera e nas festas da boa sociedade. O home vese envolto nun duelo co turco Ayvaz-Bey, secretario da embaixada otomá na capital francesa, por mor dunha bailarina, a señorita Tompain, pretendida por ambos os dous. O infortunio ocasiona que L’Ambert perda parte do seu nariz e que lle acontezan numerosas vicisitudes para recuperar a integridade do seu prezado rostro. O notario non dubida en mercar a pel e o tempo de Romagné, un mozo auvernés co cal vivir non poucos desgustos e ao que verá unida a súa sorte.

Esta parábola, artellada dende o rexistro irónico e un humor que se achega por veces ao absurdo, ademais de garantir unha lectura entretida, suscita a reflexión sobre a confrontación entre clases sociais, os prexuízos vixentes no século XIX e as situacións hilarantes ás que conduce a falta de escrúpulos.

ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Vólvense os paxaros contra as escopetas
978-84-945403-9-4

Additional Details

Autor: Edmond About
Páxinas: 116
Traducido: do francés por Marie Abraira

Price: 8,00€

Loading Updating cart...
LoadingActualizando...