Nós

Evgenii Zamiatin

Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por exemplo, en 1927), como dende a versión inglesa (ao francés, en 1929). E con cada nova edición estranxeira de Nós, a fenda entre o escritor e as autoridades soviéticas tornaba meirande.

En 1946 George Orwell escribiu unha recensión da obra nas páxinas da revista londiniense Tribune; salientaba a súa «forte tendencia ao primitivismo», así como os «impulsos atávicos» do desasosegado protagonista, D-503. Pola súa parte, Ursula K. LeGuin, outra imperdible da literatura distópica, puxo o acento no seu carácter de excelencia e no «ton anarquista». Trátase, en efecto, dunha peza difícil, avasaladora e poliédrica. De feito, resulta significativo o seu predicamento entre a comunidade matemática e os amantes da metáfora, das sinestesias e do expresionismo. Zamiatin, sobre a base do cálculo, a xeometría e os sentimentos humanos, compuxo un ambiente onírico, sufocante e suxestivo realmente memorable.

ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XX
978-84-946538-8-9

Additional Details

Autor: Evgenii Zamiatin
Páxinas: 228
Traducido: do ruso por Elena Sherevera e Lourenzo Maroño

Price: 16,00€

Loading Updating cart...
LoadingActualizando...