Un amante fantasma

Vernon Lee

Un pintor do que nunca transcende o nome enfía o relato en primeira persoa. Todo comeza cando este home, mal que ben, acepta a proposta do señor William Oke de pintar senllos retratos da súa dona e del. A tal efecto, o artista trasládase a Okehurst, o casal da familia no condado de Kent. Unha vez alí, a súa indiferenza e desgana mudan pouco e pouco en fascinación –poida que incluso en algo máis–, sobre todo tras coñecer a enigmática señora Oke, quen garda un desconcertante parecido cunha muller do século XVII cuxo retrato se exhibe nunha das paredes da mansión.

Un amante fantasma publicouse por vez primeira en lingua inglesa en 1886. Vernon Lee, nome de pluma de Violet Page, igual ca en moitas outras obras súas, opta por un narrador
masculino, e, tamén coma noutras pezas –especial mención merece a colección de relatos Hautings and Other Fantastic Tales, onde tamén se recolle este mesmo texto baixo o título Oke de Okehurst ou O amante fantasma–, crea unha rica atmosfera sobrenatural, con toques góticos e vitorianos.

A obra, de igual maneira ca Un conto de Nadal (1843) de Dickens ou ca a colección Ghost Stories of an Antiquary (1904) de M.R. James, é un exemplo da mellor produción da chamada ghost story inglesa. Trátase dun texto de gran fluidez, ben estruturado e que permite máis lecturas ca a do simple entretemento.

Additional Details

Autor: Vernon Lee
Páxinas: 96
Traducido: do inglés por Antía Veres Gesto

Price: 12,00€

Loading Updating cart...
LoadingActualizando...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *