Envíos e devolucións

O presente documento regula as condicións xerais de venda da Editorial Hugin e Munin, con domicilio social no 3º andar do número 9 da rúa do castro, con código postal 15704, en Santiago de Compostela, Galicia.

Condicións xerais de venda

Todos os pedidos están suxeitos ás presentes condicións xerais de venda. O cliente non poderá variar, modificar ou anular as condicións dos pedidos aceptados se non obtén consentimento por escrito dun representante legal da compañía.

A descrición dos libros de Hugin e Munin tentará ser o máis exacta posible, tanto nas características externas como internas. Con todo, a empresa non garante a completa exactitude da descrición dos seus produtos.

  1. Os prazos de entrega acordados entre o cliente e Hugin e Munin serán sempre respectados, salvo causa de forza maior.
  2. Os prezos de venda ao público estipulados soamente son válidos para a Unión Europea.
  3. De acordo coa súa política comercial, Hugin e Munin poderá ofrecer libre e voluntariamente ofertas, promocións e descontos dos seus produtos aos que xa son subscritores, ou a novos clientes.
  4. Para realizar a compra en rede dun produto, o cliente deberá localizar o artigo interesado a través do sitio web de Hugin e Munin, seleccionar os produtos que desexe adquirir, efectuar a compra co carro de compra, e posteriormente pasar por caixa. Unha vez que Hugin e Munin comprobe o pagamento, iniciarase a tramitación do pedido.
  5. O proceso de compra en rede queda confirmado cando o pagamento é comprobado por parte da empresa editorial. Esta confirmación pode demorarse 1 ou 2 días. Cando se realiza o pagamento, quedarán aceptadas as condicións de venda e as características e número de exemplares dos produtos solicitados. Os prazos de entrega que aquí se indican estarán suxeitos a posibles imprevistos do transporte, sendo o prazo máximo orientativo de 9 días laborables para as compras de exemplares soltos.
  6. As cancelacións de pedidos posteriores ao pagamento non suporán a devolución do pagamento por parte da empresa, a non ser por unha causa xustificada e comprobable.
  7. O envío farase a través da empresa Correos de España e a entrega deberá ter lugar entre as 48 e 72 horas despois de que o paquete saia das nosas instalacións, dependendo da localización do enderezo de entrega. Estes prazos son orientativos e sempre dependerán das características do produto e dos posibles imprevistos do transporte. A empresa non se fai responsable das demoras ocasionadas pola compañía de transporte, nin tampouco dos gastos de devolucións en caso de ausencia do destinatario, nin polos erros nos datos indicados polo cliente ou o usuario no formulario de pedido. A empresa comprométese a pór todos os medios ao seu alcance para cumprir cos prazos de entrega pactados co comprador. O envío dos produtos é a risco do comprador; malia que Hugin e Munin tratará de buscarlle unha solución xusta, non se fai responsable polas demoras, perdas ou danos que puidese ocasionar a compañía de transporte (incluídos folgas, peche patronal, falta de subministración ou outros eventos de forza maior) así como dos gastos derivados pola ausencia do destinatario ou erros nos datos facilitados polo cliente no formulario de pedido. Os prazos de entrega indicados están expresados en días laborables.
  8. Para a devolución do produto a empresa esixirá ao cliente a presentación documental de entrega do pedido. En caso de produto defectuoso ou erróneo no momento da súa recepción, Hugin e Munin enviará ao cliente un novo produto coas mesmas características que o solicitado inicialmente. Unha vez efectuada a compra do produto, esta poderá ser cancelada polo cliente dentro das 24 horas seguintes á compra do produto, póndose en contacto con Hugin e Munin no enderezo de correo electrónico info@huginemunin.com.
  9. O réxime xurídico das devolucións réxese pola Lei de 15/01/1996, e consiste nas seguintes normas: a) Non se admitirán devolucións que non veñan na súa embalaxe orixinal e sen abrir (co gallo de ser un produto reproducible con caŕacter inmediato) e co produto en perfecto estado. b) O custo da devolución correrá a cargo do cliente. As reclamacións só terán validez a condición de que fosen efectuadas dentro do prazo de cinco (3) días posteriores á recepción do produto. O correo electrónico ou carta na que se comunique a devolución deberá conter os seguintes elementos para que se considere válida a petición de devolución: a) Nome da persoa que realizou o pedido. b) Número de referencia da compra. c) Identificación do produto defectuoso. d) Problema que afecta o produto. e) Data de realización do pedido. f) Calquera outra información de interese.

    Non se acepta a devolución daquel artigo que o usuario ou cliente comprobase previamente e non mostrase a súa desconformidade naquel momento.