Axuda sobre o proceso de compra en liña

Nesta páxina comentamos algunha dúbidas comúns no proceso de pagamento dos produtos da editorial, e ilustramos os pasos polos que pasa unha compra.

En primeiro lugar, haberá que acceder á ficha do produto que se desexa comprar, sexa un libro, ou unha subscrición.

Ficha dun libro, co botón de compra situado a carón do prezo

Ficha dun libro, co botón de compra situado a carón do prezo

A continuación, engadirase o produto ó carro de compra, premendo no botón de “Comprar”.

Datos do comprador (para a editorial)

Datos do comprador (para a editorial)

Neste paso pediremos os datos do comprador, para identificar o comprador no sistema de Hugin e Munin (e saber a quen temos que enviar os libros)

02. Libro engadido ó carriño

Produto engadido ó carriño de compra

Unha vez seleccionados todos os produtos que se desexa mercar, e engadidos ó carro da compra, pode realizarse o proceso de pagamento, a través da plataforma de Paypal. Paypal é unha empresa de xestión de pagamentos, que exerce coma intermediaria de confianza, de xeito que en Hugin e Munin non imos ter contacto directo co teu número de tarxeta ou datos bancarios, incrementando a seguridade da transacción.

Unha vez chegado a Paypal, pode realizarse o pagamento de dous xeitos posibles:

  • pagamento con conta rexistrada en paypal
  • pagamento sen conta en paypal, a través do número de tarxeta

No primeiro paso do pagamento de Paypal pode elixirse a opción de pagar con conta ou de forma anónima (co número de tarxeta).

Selección de tipo de pagamento en Paypal: usuario rexistrado ou con tarxeta (o rexistro en paypal é opcional e independente de Hugin e Munin)

Selección do tipo de pagamento en Paypal: usuario rexistrado ou con tarxeta (o rexistro en paypal é opcional e independente de Hugin e Munin)

Ao introducir os datos de tarxeta, opcionalmente poderás crear unha conta en Paypal. Isto é completamente opcional.

Creación dunha conta (opcional) en Paypal

Creación dunha conta (opcional) en Paypal

E, alternativamente, poderás pagar coa túa conta rexistrada previamente en Paypal, coma noutros comercios en liña.

Pagamento en paypal con conta rexistrada

Pagamento en paypal con conta rexistrada